loader gif

Qué es olalab?


OLALAB Acción Cultural

[Arte, Exposicións, Didáctica e Creatividade]

Un espazo artístico que desenvolve diferentes liñas de acción relacionadas coa arte contemporánea. Como espazo expositivo a súa liña de traballo céntrase en artistas nóveles e emerxentes, con propostas innovadoras tanto en formato como discurso. Conta na súa programación mayoritariamente con recoñecidos artistas do ámbito galego de diversas disciplinas así como artistas internacionais invitados.

Como espazo cultural desenvolve á súa vez iniciativas dentro do marco das artes e en particular da arte contemporánea, xerando un clima de diálogo e análise a través da actividade de distintos colaboradores e grupos de traballo que reflexionan sobre as artes plásticas, a educación e creatividade artística, a artes escénicas, a música, a fotografía e a creación audiovisual, entre outras. Dentro das súas accións reúne as propostas de xestores culturais, artistas e comisarios emerxentes, escritores, educadores, músicos e especialistas en creatividade.

“Un dos intereses do espazo é a posta en práctica do binomio arte/educación, que actúa, en definitiva, como transformador social e cultural a través de dinámicas de integración e como mediador entre participantes. Porque todos somos eslabones dunha construción, o bo é saber qué e con quen construímos, ten que haber pracer no intercambio, igualdade, ganas, enerxía e un trato horizontal, así todo florece. Xa que a aprendizaxe mutua é a clave que nos fai ser MAIS GRANDES.” Adriana Pazos Ottón / Directora do espazo.

Nestes obxectivos contémplanse:

  1. Xerar actividades e propostas de carácter artístico dedicadas a todo público.
  2. Crear redes de traballo colaborativas locais entre artistas e traballadores da cultura.
  3. Enriquecer o tecido cultural favorecendo o diálogo entre as diferentes comunidades artísticas e a sociedade civil.
  4. Visibilizar e dar apoio a artistas e comisarios emerxentes, difundir a arte contemporánea e crear debate e análise sobre a cuestión do estado actual na arte.

OLALAB, situado no corazón da zona vella de Santiago de Compostela, funciona como espazo polivalente con tres salas a disposición de proxectos e propostas. Dotado de todo o necesario para presentacións, talleres, actividades escénicas, reunións, e todo tipo de eventos. Podes poñerche en contacto connosco en espacio.olalab@gmail.com

www.olalab.net

espacio.olalab@gmail.com

606971859

¿Quen somos?

Chega un momento en que o camiño, a conciencia do facer, e a forza da vocación lévanos exactamente a donde queremos e temos que estar.

OLALAB é un espazo colectivo, que reúne apostas en común cun mesmo sentido e vontade, a de axuntar capacidades, a de crecer en colaboración e de face ao tecido social, a de ofrecerse con amor á tarefa e a cada individuo. Nestes tempos OLALAB é un soño resultado da procura e o crecemento.

Deste xeito un grupo de axentes culturais reunímonos/reunímosnos para dar forma a un xeito de pensar, experimentar e sentir a arte como unha unidade, como unha potencia irresistible que nos nutre, motívanos e fainos envorcarnos en prol do ben común, dos veciños e veciñas de barrio, dos nenos e nenas que descobren que outras formas de educación son posibles, das sinergias que se crean cando compartimos inquietudes, dunha apertura ás distintas posibilidades do individuo.

Abrimos OLALAB, dicindo ola a todos, e estaremos encantados de que veñades visitarnos.

Grazas aos que facedes posibles os soños, porque un soño nunca se constrúe só

 

OLALAB