loader gif

Xornada [Artes conxugadas A o fío da MULLER] 5 de MARZO

cartG2 (Medium)

Xornada
Artes conxugadas
A o fío da MULLER

Evento de creación horizontal e colaborativa que se constrúe tecendo con fíos de arte, sumando experiencias e miradas femininas, dende a realidade á sublimación, un escintileo, un canto, un grito ou unha rasgadura que nos aúna e invita a celebrar o que somos:
Poesía, arte, conferencias, performance, videocreación, talleres abertos de creatividade, documental, testemuñas, amigas e amigos, nun enredo tecido para gozar, compartir e sumar.

CRONOGRAMA DO DÍA

12:00 a 20:00h
TALLERES creativos de PARTICIPACIÓN ABERTA creación continua.
Creación de obra individual durante todo o día: “Esencia De Muller / Relicarios Profanos….” A cargo da artista Ana Costas.
Creación de obra colaborativa durante todo o día: “Tecido Conxuntivo”
A cargo da artista Esther Xeix.

11:30 a 13:00h
CONFERENCIA e TALLER Para Familias “O Meu Corpo A Miña Decisión” Con Julia Ferradas, Tabaré Santellán E Alba Souto.

13:00 a 14:00h
CONFERENCIA“MULLER MODA E PECADO, O vestir como porta ao inferno no século XV” A cargo de Mónica Rey Cabezudo

16.30h
VIDEOPROXECCIÓN DOCUMENTAL “FÍOS FORA” Un documental de obreiras entre costuras e patróns, de ILLA BUFARDA para Amarante Setem

17:30h
CONFERENCIA “A PRESENZA da COSTURA FEMININA NO “CORPO AUSENTE” das Mulleres Artistas do S. XX/XXI” A cargo de Amabel Gonález Troncoso.

18:30h
VIDEOPROXECCIÓNS e DOCUMENTAL
“Bata por fóra. Muller por dentro” Curta da cineasta viguesa Claudia Brenlla.
“Corda Humana” Videocreación de Adriana Pazos interpretada pola artista Dana Díaz

19:00h
LECTURAS HILVANADAS. O resoar do poeta, o son das palabras. Lectura intercalada de poesía e textos a cargo de poetas e actrices: Alicia López, poeta. Iria Sobrado, actriz. Mariña Pérez Rei, poeta. Blanca Cendán, actriz. Cleofé Campuzano, poeta (videointervención)

20:30h
ACTUACÍÓN/ PERFORMANCE “ENVASADAS Ó BALEIRO” Peza escénica de Iria Acevedo e Olaia Otero.

21:00h
VIDEOPROXECCIÓN DOCUMENTAL “CATRO NA BURGA” Un traballo que recolle o proceso da creación escénica feita por mulleres en Galicia. Clara Gayo (dramaturga e actriz), Marta Pazos (directora e actriz), Rut Balbís (coreógrafa e bailarina) e Carlos Neira (director e profesor) no proceso de creación dunah proposta escénica.
Dirección: Margherita Morello de OroboroFilms.

As actividades realizaranse durante todo o día 5 de marzo no local OLALAB Acción Cultural. Será un evento para gozar e compartir, para achegarnos e coñecernos. Fagamos tecido social e que a arte sexa a escusa perfecta para ser máis e sumar máis entre nós visibilizando o traballo das mulleres no eido das artes neste fermoso tapiz colaborativo.

O proxecto e una porposta autoxestionada que nace do interese dos distintos axentes culturais. Todas as artistas son as organizadoras do evento e Adriana Pazos Ottón artista e xestora cultural coordina a proposta.
OLALAB Acción Cultural, aglutina e alberga de forma colaborativa a xornada de acción artística que se realizará durante o día 5 de marzo. Colabora na difusión a Concellería de Acción Cultural do Concello de Santiago.

Adriana Pazos Ottón, Alba Souto, Alicia López, Amabel González Troncoso, Ana Costas, Blanca Cendán, Claudia Brenlla, Cleofé Campuzano, Dana Díaz, Esther Xeix, Illa Bufarda, Iria Acevedo, Iria Sobrado, Julia Ferradas, Margherita Morello, Mariña Pérez Rei, Monica Rey Cabezudo, Olaia Otero,Tabaré Santellán.

OLALAB Acción Cultural
Rúa Porta da Pena, 10
Santiago de Compostela.
www.olalab.net
espacio.olalab@gmail.com
+034606971859