loader gif

WALLHALLA /// ofendendo os muros da arte urbana /// Seminario de arte urbana

sinf

WALLHALLA /// ofendendo os muros da arte urbana ///

Seminario de arte urbana

Unha das primeiras necesidades do home dende a prehistoria foi a comunicación e o fixo deixando a súa pegada no espazo que o rodea. De ahí, surxe o chamado “movemento graffiti” que a partir dos anos ‘60 cobra verdadeira presenza no mundo suburbano das grandes ciudades. Irá evolucionando no tempo ata a actualidade en novas formas de interacción co espazo urbano e o cidadán. Chegará a conquistar espazos e entornos máis alá do simplemente urbano, como museos ou galerías de arte, eliminándose deste xeito a etiqueta de “non artístico”.

A primeira edición deste seminario é a análise dunha serie de intervencións no espazo/paisaxe público realizado por artistas da arte urbana que nos farán conscientes de que estas intervencións son expresións artísticas que inflúen directamente na sociedade e non son todos actos vandálicos, tal como aínda cree a maioría das personas hoxe en día. Amosarase, que son o exemplo prefecto de cómo a arte evoluciona a carón e coa sociedade, con exemplos prácticos e reais do ámbito galego, nacional e internacional.

Así mesmo, darase visibilidade dende o punto de vista académico e práctico a unha expresión que inda segue sendo marxinal nos entes públicos e privados maioritarios e con máis presenza na soiedade, contrariamente a ser unha expresión que se crea e vive no espazo pertencente a todos, o tecido urbano.

Público o que se dirixe:
Público xeral con interés pola arte, os movementos contemporáneos, público xoven e vinculados coas novas tendencias das artes de rúa, música, moda contemporánea e vinculación con público en interacción co tecido cultural da cidade. Tamén dirixidos especialmente a Estudantes de Historia, Historia da Arte, Belas Artes, Socioloxía, Filoloxías e de Escolas de Diseño.

Obxectivos:
Expandir o coñecemento destas novas tendencias artísticas, xerar una boa lectura dos novos movementos da rúa que implican diversos ámbitos das artes: Escénicas, Musicáis e Plásticas. Acercar ao tecido social un contacto máis directo con ésta expresiones artísticas feitas para a rúa. Aportar o público asistente coñecementos teóricos e unha terminoloxía básica para comprender a evolución da arte pública non oficial o longo dos anos dende a súa aparición, así como o estado de ditas manifestacións artísticas en todo o mundo, en especial en Galicia como gran plataforma desta expresión artística.

PROGRAMA:

WALLHALLA /// SEMINARIO DE ARTE URBANA, ofendendo os muros da arte urbana.
/// Amabel González Troncoso/// Pablo Docampo Diéguez ///
Valle GarcÍa /// Sax /// Xoko Suizo (Hip-Hop) e DJs /// Beehive Crew ///

 Seminario de Arte Urbana I
Conferencia /// Roteiro De Graffiti – Sar /// Mostra Grafica Arte De Rúa.

(10h-14h – CONFERENCIA en espazo Olalab)

I.Amabel González: “Clase maxistral de introducción a Historia da arte pública non oficial. Dende os seus orixes a actualidade”
Comisaria independente e investigadora, é Licenciada en Historia da Arte e Doctoranda pola Universidade de Santiago de Compostela coa tesis “Aproximación a Historia da Arte do Graffiti en Galicia” . Cursou o Máster en Diseño e Xestión de Exposicións no Centro Superior de Edificación, becada pola Fundación Antonio Camuñas de Madrid. Actualmente, xestiona proyectos de comisariado relacionados coa arte contemporánea e realiza actividades de docencia e calidade (xurado en concursos de arte, impartindo conferencias, etc.) tratando a temática da relación da arte con outras accións artísticas alternativas como a moda ou a cultura underground baixo o pseudónimo de proyecto apsara. Estas actividades, son comapxinadas coa súa labor como Técnico Superior de Museos no Museo de Belas Artes da Coruña.

(17:00 PRESENTACIÓN DO ROTEIRO / 17:45 SAÍDA A RUTA)

II. Pablo Docampo: Pablo “PoLiTvS” Docampo Diéguez é un fotógrafo de graffiti/arte urbana que ten como obxectivo documentar, catalogar e difundir a riqueza e diversidade desta actividade en Galicia en xeral e en Santiago de Compostela en particular. (17:00 PRESENTACIÓN DO ROTEIRO / 17:45 SAÍDA A RUTA)
“Nesta actividade será Guía do Roteiro urbano con saída do espazo Olalab ata a rúa Brañas do Sar explicando os graffitis que hay pintados nesta zona a través do seu longo traballo de foto-documentación da arte urbana en Santiago de Compostela. Haberá unha introducción teórica previa no espazo Olalab antes de saír o roteiro” (pola tarde na rúa).

(INAUGURACIÓN MUESTRA FOTOGRÁFICA 20:30H)

III. Inauguración da exposición de fotografía de Pablo Docampo. A volta do roteiro inaugurase a exposición fotográfica que consiste nunha selección do extenso material que posúe recopilado tras moitos anos de traballo como foto-documentalista urbano (en espazo Olalab).


Seminario de Arte Urbana II
Mesa Debate con  Valle García, directora de la Galería Monty4, Pablo Castiñeira de Vella Escola, SAX /// Concerto: Xoko Suízo e DJ /// danza-Performance Urbana: Beehive Crew

I.  MESA REDONDA “ARTE URBANA EN GALICIA COMO PROFESIÓN” (17:00H A 19:00H – pola tarde en espazo Olalab).

17h Pablo Castiñeira / Vella Escola (Xerente en Vella Escolla, asociación emprendedora de actividades relacionadas coa Cultura Urbana).
17:30h Valle García (Directora da Galería Monty 4 na Coruña que inclue na súa carteira o artista urbano SEKONE como un dos máis importantes na galería, expoñerá a súa visión sobre a relación da arte urbana co mercado da arte na actualidade).
18h Sax (escritora de graffiti e unha das primeiras mulleres en Galicia en adicarse a esta expresión artística como unha profesión).
18:30h Debate

II. Actividades de peche do Seminario de Arte Urbana (deseguido o peche da mesa redonda: duración 1h 30min. na praza de San Martiño Pinario)

CONCERTO E PERFORMANCE 19:30h
Concerto de Xoko Suízo e DJ (presenta o seu novo disco de hip hop)
Beehive Crew (bailarinas, Vigo). Realizarán un traballo especial como tributo as mulleres do HIP HOP do pasado e presente.

 

https://www.facebook.com/events/550884548419214/

 

[INSCRICIÓN E MATRÍCULA] O Seminario desenrolarase nos  espazos urbanos e ponencias no Espazo de acción cultural Olalab: Acción Cultural (Rúa Porta da Pena 10, 15704 Santiago de Compostela). A inscrición debe facerse previamente enviando un mail co teus datos personais (1. nome completo, 2. DNI, 3. Profesión, 4.Teléfono de contacto. ao correo espacio.olalab@gmail.com, / con asunto: Seminario de arte urbana.

[MATRÍCULA]

Cada módulo/día ten unha matrícula de 45€. Para os participantes interesados en cursar os dous módulos farase un 10% de desconto. O evento está suxeito a cubrir  o número de matriculación mínima.
A reserva da matrícula  realizarase mediante pago directo en OLALAB ou mediante transferencia bancaria, facilitarase  número de conta ao facer a inscrición.

 Idea Orixinal e Comisariado: Amabel González Troncoso.

Coordinación e Xestión: Adriana Pazos Ottón

1

2

3