loader gif

Expo [[[ META ]]] INAUGURACIÓN Galería Espacio 10

OLALAB expo META

EXPOSICIÓN META no espazo OLALAB Acción Cultural reúne os traballos dos artistas Dana Diaz, David Fidalgo Omil, Lara Lars e Plástica, baixo a porposta do comisario y artista Manu Mimé.

“A mellor forma de predicir o teu futuro é créalo”
Patty Labelle

“As alteracións e katharsis ás que nos sometemos diariamente son necesarias para evolucionar e lograr eses obxectivos ou finalidades que nos poñemos ou se nos van expondo ao longo da vida.
META define tanto o cambio como o obxectivo, botando unha mirada cara ao futuro, ese porvir que sempre se nos presenta tan abafador e prateado á vez, pero ao que hai que facer fronte mediante a transformación do noso presente máis próximo. Coma se dun armageddon persoal tratásese. Un cambio de vida con respecto á xeración anterior, un modo “neorenacentista” de vivir ou máis ben sobrevivir, onde conxugamos dentro dun mesmo ser múltiples facetas, unha suma de caras e arestas resultado dunha constante reinvención.
Pénsabamos no século pasado que a sociedade experimentaría un cambio xenérico que nos levaría a vivir como nunha película de ciencia ficción, ou así nolo quixeron vender, errabamos niso, aínda que xa podemos levar toda a nosa vida ou o noso traballo nun dispositivo de 7×14 cm, seguimos sen poder ir de picnic a Saturno.
Do mesmo xeito que Vicent en Gattaca “Sempre soñei con ir ao espazo”, así que mentres sigo soñando con mundos cósmicos, alterarei a miña realidade.”
Manu Mimé.

A exposición pode visitarse ata o 15 de Novembro no espazo OLALAB Acción Cultural. Porta da Pena 10. Zona Vella. Santiago de Compostela.

artistas (1) (Large) artistas (2) (Large)

artistas (4) artistas (3)