loader gif

ESPAZOS EN ÓRBITA AO REDOR DA MULLER

cartaz def

ESPAZOS EN ÓRBITA AO REDOR DA MULLER

Evento de creación horizontal e colaborativa que se constrúe sumando experiencias e miradas femininas, nun enredo convocado para gozar, compartir e sumar.

ORGANIZADO por Os Catro Gatos e OLALAB Acción Cultural

Adoramos Ser Atómicas, Constructivas, Corporativas, adoramos o Picante, a Ciencia Ficción, a Acción e o Desencadenante, o Revulsivo e os Antioxidantes, Con e Sen, pero mellor SEN Condicionantes/ Sen Restriccións / Sen Limitacións Todos e Todas sen exclusións creando xuntos/as porque sumando somos mellores.

Evento de creación horizontal e colaborativa que se constrúe
sumando experiencias e miradas femininas.
Poesía, arte, música, performance, videocreación,
talleres abertos de creatividade, amigas e amigos, nun enredo convocado para gozar, compartir e sumar.

Participan os artistas: Ana Costas, Ana Dorrego, Ana Hermida, “A Banda da Loba”, Esther Xeix, Gosia Trebacz, “Invertebrados”, Iolanda Aldrei, Iria Acevedo, Kirenia C. Martínez, Lupe Vázquez, Paula Quintas, Petronila Daza, Rosalía Fernández Rial, Xan Eguía, YOCreo Teatro.

O proxecto e una porposta autoxestionada que nace do interese dos distintos axentes culturais. Adriana Pazos Ottón artista e xestora cultural coordina a proposta.

Realizarase o día 1 de abril, pechando o mes de marzo, mes da muller.
As actividades serán de mañá, tarde e noite nos dous espazos organizadores e o fin de festa no local colaborador do evento Couto Mixto
Os catro gatos (www.oscatrogatos.com) RÚA DAS RODAS 13
OlaLab Acción Cultural (www.olalab.net) RÚA PORTA DA PENA 10
Couto Mixto RUELA OLIVEIRA 3
…………………………………………………………………………………….
PROGRAMACIÓN Os catro gatos (www.oscatrogatos.com) RÚA DAS RODAS 13

11:00 a 12:00 Despegamos!! Almorzo e Benvidas
12:00 a 12.30 Vídeo Arte / Proxecións
12:30 a 13.30 Monólogo Teatralizado “Miña Casiña Meu Lar” a cargo da artista Ana Hermida
13:30 a 14:00 Poesía e música electrónica. “Invertebrados”
16:30 a 17:30 “Cabezas Laureadas” Taller Experimental a cargo da artista Ana Costas.
18:00 a 19:00 Monólogo Teatralizado “Mulleres no Espello” a cargo da artista Ana Hermida.
………………………………………………………………………………
PROGRAMACIÓN OlaLab Acción Cultural (www.olalab.net) RÚA PORTA DA PENA 10

11:30 a 12:30 “Cabezas Laureadas” Taller Experimental a cargo da artista Ana Costas.
12:30 a 14:00 “Muller en Escea” Corpo en movimento a cargo de YOCreo Teatro.
16:30 a 17.30 “Tesouros e anónimas” Taller Experimental a cargo da artista Esther Xeix.
17:30 a 18:00 Vídeo Arte / Proxecións
18:00 a 19:30 Taller “Alien: Unha teoría sexual. Xénero, monstros e ciencia ficción” a cargo do escritor Xan Eguía.
19:30 Performance. Monólogo teatralizado “Cogombros” a cargo da actriz Iria Acevedo.
……………………………………………………………………………..
FIN DE FESTA
Couto Mixto RUELA OLIVEIRA 3
20:30 Poesía. “Luparias, versos de seixo e mar” Petronila Daza e Iolanda Aldrei
21:00 Música e Poesía. “A Banda da Loba” e Rosalía Fernández Rial.
ESPERÁMOSVOS!!!
Saúdos e moitas grazas, entre todoas/os faremos unha festa de peche do mes de marzo de confluencias e moita arte!!!!