loader gif

Concerto & Danza: KIRENIA.C.MARTÍNEZ // PABLO ORZA // RANTER’S BAY

concierto Olalab

KIRENIA.C.MARTÍNEZ // PABLO ORZA // RANTER’S BAY

Concerto & Danza

Martes 28 de Febrerio

20:00h

Olalab Acción Cultural. Rúa porta da Pena 10, Zona Vella.

Pablo Orza, artista en exposición actualmente na galería Olalab coa Exposición CONCEPTORGRAFÍAS, presenta en directo o seu proxecto con Ranter’s Bay, sound artist italiano co que colabora establemente desde hai uns anos.

Ofrécennos unha sesión electroacústica improvisada na que o encontro entre a guitarra, os obxectos e a electrónica crea un ambiente sonoro en continua evolución.

Contarán coa participación de Kirenia.C. Martínez, danza contemporánea, que propón achegar unha composición persoal desde o movemento, un diálogo sensorial no espazo /tempo real.

Unha conexión vital e efémera onde a danza é habitada por un presente sonoro irrepetible. Construír desde o estímulo e a emoción en continuo movemento.

Aportación por persoa de 3€