loader gif

AULA DE VOZ con Pablo Ferradás // Vocal Coach

Olalab

 

PABLO FERRADÁS

Vocal Coach

SERVIZOS
– Técnica vocal e canto.
– Educación da voz falada.
– Terapia vocal.
– Expresión oral.
– Asesoramento de voz profesional.

Pablo Ferradás

 

 

 

 

Diplomado en Educación Musical (Universidade de Vigo), conta con dous posgraos, un de “Especialista en patoloxía da voz”, un segundo de “Experto en intervención logopédica” (Universidade de Alcalá de Henares) e un “Máster en voz profesional: perfeccionamento e rehabilitación “(Universidade de Alcalá de Henares). Na actualidade cursa o Grao de Logopedia (UDC).
Comeza a interesarse polo canto dende moi novo, participando en diferentes agrupacións corais, que o levará máis tarde a estudar canto lírico con distintos mestres de talla nacional e internacional. Interesado polo fenómeno vocal en tódalas súas manifestacións e a súa investigación, posúe ampla formación en foniatría, logopedia, técnica vocal (fala e canto), etc., de feito conta co “Voice Craft”-Certificado de Still Voice Systems, innovador método de técnica vocal integral.

.
En canto a súa labor profesional lévaa a cabo tanto en Galicia como en distintos puntos da xeografía española, desenvolvendo competencias como profesor de técnica vocal e canto, formador en foniatría, terapeuta vocal e “vocal coach”. Colabora habitualmente coa FECOGA (Federación Coral Galega), co CAFI (Consellería de Educación, Xunta de Galicia) e o CIG-Ensino, impartindo cursos de educación vocal para docentes; con Hedima, o Instituto Avanza e P&A (consultoras de formación, Madrid e A Coruña), como formador en foniatría a nivel nacional; coa Universidade de Vigo e Santiago de Compostela impartindo diferentes cursos de Ortofonía e técnica vocal.

.

Tamén se dedica a formar vocalmente a profesionais da interpretación, colaborando con diferentes agrupacións teatrais como Talia Teatro, NNC Teatro, Bocaberta Cía, aula de teatro da USC, etc. e como profesor de voz en cursos de dobraxe para PC Carrier (A Coruña). Como profesor de canto desenvolve a súa labor docente na escola de música “A Tempo” (Pontevedra) e na escola “Estudio”(Santiago de Compostela).
Na actualidade forma parte do equipo docente do programa de artes escénicas “Compostela Actúa” (Concellaría de mocidade de Santiago de Compostela), dirixindo o coro Glee Club e impartindo formación en técnica vocal e canto.

.
CONTACTO
www.pabloferradasvocalcoach.com
679058436
hola@pabloferradasvocalcoach.com
www.facebook.com/pabloferradas.vocalcoach
www.instagram.com/pabloferradasvocalcoach