loader gif

SETEMBRO na SEMANA da GUASA: EMOJI´S WORLD

auladeideas

 

QUE PASA??? Chega Setembro e A SEMANA DA GUASA!! con EMOJI´S WORLD

Auladeideas en colaboración con Olalab Arte crean esta proposta para a primeira semana de setembro. A mellor forma de empezar o curso que con enerxía  vitaminas de cretividade e ganas de aprender!!!
Unha boa dose de Enerxía Artística e CREATIVIDADE antes empezar o novo curso.

Vitamina Ludus: teatro e Improvisación
Vitamina Musical: Coreos e mini musicais.
Vitamina Artística: Creacións e Experimentación Plástica
*****receita: creatividade, risas, crear, amigos*****
*****visitas a museos, saídas a parques*****

FECHAS: Do 3 ao 7 de SETEMBRO
HORARIO: DE 9:00h a 14:00h
IDADES: Para nenos e nenas de 5 a 11 anos.
Unha extensión do proxecto VERÁN EXPERIMENTAL desenvolvido en Fundación Eugenio Granell na que combinamos nuevamente as artes plásticas, a arte contemporánea, e as disciplinas escénicas.

RESERVAS e Máis INFO en contacto@auladeideas.com // 606971859
É importante reservar prazas xa que son limitadas.
Nesta ocasión a actividade realizarase no Espazo de arte OLaLab en Rúa Porta dá Pena 10.
PRAZAS LIMITADAS ata completar.

SEMANA DA GUASA   con   EMOJI´S WORLD

Desde as primeiras manifestacións artísticas nas covas ou os pictogramas exipcios, os humanos expresáronse mediante representacións gráficas, na maioría dos casos para manifestar sentimentos e estados de ánimo. Os emoticonos están presentes na nosa linguaxe cada vez con máis forza. O uso de emoticonos varía segundo a xeografía, a idade, o sexo e clase social, da mesma maneira que sucede cos dialectos ou acentos rexionais.

A experiencia xirará en torno ó mundo dos emoticonos; xogaremos cos emoticonos coñecidos e crearemos uns novos, así como ca simboloxía e os códigos. A  travès da impro e do xogo dramático buscaremos situacións para compoñer escenas onde as máscaras sexan as protagonistas.

Plásmaremos nos nosos traballos as emocións que sentimos por medio do uso da cor. Traballaremos diferentes expresión faciais en retratos feitos con apunte rápido. Achegaremonos ao mundo da instalación e a distribución de espacios.

OBXECTIVOS

  • Aprender a identificar a simboloxía que nos rodea e a súa linguaxe.
  • Comprender o papel que hoxe en día ten a comunicación a través dos emoticonos.
  • Identificar as nosas emocións e saber transmitilas a través deste novo código
  • Valorar a imaxe sen esquecer a palabra
  • Disfrutar do xogo teatral e aprender a empregalo para transmitir as nosas emocións e contar historias.
  • Tomar conciencia de cómo nos afecta a nosa contorna e ser capaces de modifícala.
  • Ter un primeiro contacto ca perspectiva. En dúas e en tres dimensións.

MATRÍCULA SEMANAL: 75 euros/ días soltos 22€ / Descontos por irmáns 10%

CRONOGRAMA EMOJI

Día 1: DAME UN EMOJI

  • Quén son ? Cando nacen? Cómo son?: investigaremos a orixe da linguaxe pictográfica e o mundo dos símbolos ata hoxe en día.
  • A través  do xogo dramático e da improvisación adoptaremos e comprenderemos os diferentes tipos de emojis que coñecemos xogando coa súa simboloxía.
  • Crearemos mensaxes secretas que haberá que descifrar.

Dia 2: ADOPTA UN EMOJI!

  • Crearemos o noso propio emoji, a súa historia, os seus gustos, peculiaridades.
  • Faremos retratos con diferentes expresións a partir dos cales contruiremos mascaras de cartón.

DIA 3: O PAIS DOS EMOJIS

  • Cómo sería un mundo feito de símbolos? Cales podemos recoñecer?  Cales cremos que faltan e serían necesarios?
  • Iremos de excursión pola nosa cidade para identificar os que observamos e crear uns novos.
  • Interviremos o medio urbán ca nosa propia señaléctica.

DIA 4: FAGAMOS UN  EMOJI´S WORLD

  • Transformaremos o noso espacio nun mundo habitado só por emojis e crearemos a súa historia.
  • Realizaremos unha escenografía en que a abstracción e os símbolos serán os protagonistas.

Dia 5: VEN A VISITARNOS!

  • Posta a punto do noso pequeno mundo para a abrir as portas ós visitantes que nos veñen a coñecer.
  • Presentación do noso traballo con visita guiada.

PRAZAS LIMITADAS !!!! Reserva a túa