loader gif

ELAS TAMÉN PINTAN: 4 MULLERES ARTISTAS VISTAS POL@S NEN@S OBRADOIRO DE ARTES ESCÉNICAS en Semana Santa

olalab teatro niños santiago de compostela

ELAS TAMÉN PINTAN: 4 MULLERES ARTISTAS VISTAS POL@S NEN@S OBRADOIRO DE ARTES ESCÉNICAS en Semana Santa.

Un neno preguntoulle á súa mamá:

“Mamá, por que todos os pintores famosos son homes?

Mamás, papás, se vos encontrades cunha situación semellante, aquí van 4 nomes de mulleres que transformaron o mundo da arte.

4 mulleres de distintas disciplinas que nos permiten contar a historia doutra maneira.

4 mulleres que coñeceremos a través das súas obras, pensando e xogando con elas.

OBXECTIVOS XERAIS

  • Iniciar aos nenos e nenas en técnicas escénicas tomando como base os traballos plásticos de 4 artistas mulleres: Louise Bourgeois, Yayoi Kusama, Maruja Mallo e Frida Kahlo.
  • Dar a entender a Arte como vehículo de expresión de emocións.
  • Reflexionar sobre as emocións.
  • Expresar emocións.
  • Desenvolver creatividade, imaxinación e estimular a expresión oral, escrita, plástica e corporal d@ nen@.
  • Desenvolver habilidades na manipulación de obxectos e na actividade psicomotora.
  • Desenvolver habilidades de traballo cooperativo.

PROGRAMA

DIA 1: LOUISE BOURGEOIS

Louise Bourgeois (Francia. Escultura). As súas esculturas de araña, feitas en homenaxe á súa nai que era tecedora, son a súa seña de identidade, por iso é que a chaman a “muller araña”. Bourgeois traballa cos sentimentos. As arañas teñen un exterior duro, forte, pero un interior brando, fráxil. Nós tomaremos a súa peza escultórica “Maman” (“mamá” en francés), e con ese personaxe como protagonista crearemos e representaremos colectivamente unha breve historia que fale dese contraste: fortaleza-fraxilidade.

9 a 9:50h: Xogos distensión, presentación, xogo e actividade libre.

9:50 a 10h: Concentración inicio obradoiro.

10 a 10:30h: Falando de Louise Bourgeois: Vídeos e imaxes sobre a vida e a obra da artista. Comentamos impresións sobre a peza escultórica “Maman”, unha araña de metal xigante, coa que imos crear un relato breve para representar con obxectos.

10:30 a 11:30h: Creación colectiva do relato. Reparto: 1 narrador/a; manipulador@s dos personaxes. Elaboración dos personaxes con obxectos metálicos e aramio.

11:30 a 12h: Merenda-descanso.

12 a 12:30h: Remate da elaboración de personaxes.

12:30 a 13:30h: Representación colectiva do relato.

13:30 a 14h: Recollida materiais. Recollida nen@s.

DÍA 2: YAYOI KUSAMA

Yayoi Kusama (Xapón. Pintura, Escultura, Instalación). Kusama é precursora de movementos como a Arte Pop ou o Minimalismo. Kusama traballa coas súas propias emocións. As súas instalacións, nas que predominan a cor, o patrón e a repetición, mostran a diversidade do seu mundo interior. Crearemos colectivamente unha instalación na que o propio corpo e as propias emocións, cheas de cor e diversidade, serán o obxecto artístico.

9 a 9:50h: Xogos distensión, presentación, xogo e actividade libre.

9:50 a 10h: Concentración inicio obradoiro.

10 a 10:30h: Falando de Yayoi Kusama: Vídeos e imaxes sobre a vida e a obra da artista. Comentamos impresións.

10:30 a 11:30h: Xogos de improvisación escénica e plástica para fundamentar a identificación de cores con emocións, e o círculo como forma máis representativa da obra da artista. Estes xogos servirannos de base para a creación colectiva da instalación.

11:30 a 12h: Merenda-descanso.

12 a 13:30h: Creación colectiva e representación da instalación.

13:30 a 14h: Recollida materiais. Recollida nen@s.

DÍA 3: MARUJA MALLO

Maruja Mallo (España. Pintura). Unha das figuras máis importantes da Xeración do 27 en España. Artista revolucionaria que formou parte dos grandes movementos de avangarda xunto a Dalí, Lorca ou Alberti. Mallo traballa o retrato cunha aguda e profunda percepción psicolóxica e emotiva. A través dos retratos de Maruja Mallo, traballaremos a expresión de emocións e a xestualidade. Crearemos unha sinxela performance con esas persoas retratadas que saen do cadro para contar a súa historia.

9 a 9:50h: Xogos distensión, presentación, xogo e actividade libre.

9:50 a 10h: Concentración inicio obradoiro.

10 a 10:30h: Falando de Maruja Mallo: Vídeos e imaxes sobre a vida e a obra da artista. Comentamos impresións.

10:30 a 11:30h: Xogos de expresión corporal, xestual, e de emocións, que nos servirán de base para a creación colectiva da performance: as persoas do retrato saen do cadro e cóntannos a súa historia.

11:30 a 12h: Merenda-descanso.

12 a 13:30h: Ensaio da performance e representación.

13:30 a 14h: Recollida materiais. Recollida nen@s.

DÍA 4: FRIDA KAHLO

Frida Kahlo (México. Pintura). Kahlo combina na súa obra, dun xeito moi persoal, surrealismo, estilo naïf e folclórico. Frida viviu unha existencia intensa e dura, marcada pola enfermidade e a dor: a pintura foi o instrumento para expresar esa dor e para rebelarse contra ela. Con Frida traballaremos a arte como instrumento de expresión e liberación de emocións. Crearemos unha breve performance na que unha nena representará á artista pintando, e os demais  expresarán/personificarán as súas emocións.

9 a 9:50h: Xogos distensión, presentación, xogo e actividade libre.  Realización individual de invitación para as familias para a mostra final do Día 5.

9:50 a 10h: Concentración inicio obradoiro.

10 a 10:30h: Falando de Frida Kahlo: Vídeos e imaxes sobre a vida e a obra da artista. Comentamos impresións.

10:30 a 11:30h: Xogos expresión corporal, xestual e de emocións, que nos servirán de base para a creación colectiva da performance: as emocións saen do cadro e dialogan corporalmente coa artista.

11:30 a 12h: Merenda-descanso.

12 a 13:30h: Ensaio da performance e representación.

13:30 a 14h: Recollida materiais. Recollida nen@s. Entrega invitacións á Mostra “Elas tamén pintan”. (Avisar familias da mostra final do Día 5 ás 13:15h.)

DÍA 5: ELAS TAMÉN PINTAN. Mostra dos traballos realizados polas nenas e nenos.

9 a 9:50h: Xogos distensión, presentación, xogo e actividade libre.

9:50 a 10h: Concentración inicio obradoiro.

10 a 10:30h: Falando da nosa experiencia coas artistas: Decidimos que traballos queremos mostrar ás nosas familias, e organizámonos para preparalo todo.

10:30 a 11:30h: Preparación exposición.

11:30 a 12h: Merenda-descanso.

12 a 13:30h: Ensaio das pezas escollidas.

13:30 a 14h: Mostra e representación coas familias.

Recollida nen@s e materiais.

 

DÍAS E HORARIO: Do LUNS 26  ao VENRES 30 de marzo  / De 9 a 14h

 [INSCRIPCIÓN E MATRÍCULA] O obradoiro desenvolverase no espazo de acción cultural Olalab: Acción Cultural (C/Porta dá Pena 10, 15704 Santiago de Compostela). A inscripción debe facerse previamente enviando un mail cos datos dos nenos/as, idade, datos da nai ou o pai, número de telefono de contacto, ao correo espacio.olalab@gmail.com, / con asunto: Semana Santa 2018

APORTE DE MATRÍCULAS: 80€
(reducción do 10% por irmáns)
A actividade realizarase no Espazo de Arte Contemporánea OLaLab Acción Cultural, en Rúa Porta da Pena 10.

Consultas chamando ao 606971859 ou mandamado mail  a espacio.olalab@gmail.com
Prazas limitadas!!!! Reserva a túa

actividades nenos

PROPOSTA A CARGO DE HELGA MÉNDEZ

Directora de MAQUINARIAS TEATRO desenrola distintas facetas do seu traballo (actriz, directora, docente, vocalista…) cara ao xogo: a xogar coas palabras e coas imaxes,  a xogar co corpo e a voz, a xogar a ser outras…

Actualmente:

Dirixe os grupos de teatro amador para adultos O Maxolo e Bartoleta Teatro

Traballa como actriz nas compañías profesionais Maquinarias Teatro e Vilano Produccións.

Docente e coordinadora  de actividades para nenos e nenas con Maquinarias Teatro para a Xunta de Galicia, e outras entidades.

Forma parte do PROXECTO GULUBÚ, concerto acústico para nen@s.