loader gif

PROGRAMA DE NADAL E REIS en OLALAB Acción Cultural.

Nadal Auladeideas Olalab

PROGRAMA DE NADAL E REIS con Maquinarias Teatro en OLALAB Acción Cultural.

Tres módulos de creatividade pura para todo un itinerario artístico de nadal. Para nenos e nenas de 4 a 12 anos.

módulo I // TITIRITANDO: Teatro con obxetos para nenos e nenas.

VENRES 22 e SÁBADO 23 / De 9 a 14h

Todo pode ter vida, e un colador???? Títeres e teatro de obxectos.
A través de exercicios, xogos e improvisacións traballarase a relación que existe entre man e obxecto, para que o títere poida adquirir vida propia, investigando e aprendendo, ao mesmo tempo, a súa propia expresividade corporal e como activar o movemento , a ollada e o ritmo para que o títere/obxecto pareza ?vivir? cunha vontade e sentimentos propios. Non se trata tanto dun taller de construción de títeres con obxectos, senón de descubrir a poética dos obxectos e as posibilidades de expresión que podemos ter conde eles. CONSTRUCCIÓN E MANEXO DE TÍTERES CON OBXECTOS, CREACIÓN E REPRESENTACIÓN COLECTIVA DE PEZA PARA TÍTERES.
.

módulo II // VOLTA AO MUNDO NADALEANDO (danza, coreografías, música, creatividade teatral, contos, atrezzo e vestiario, percorrendo o mundo).

Do MARTES 26 ao SÁBADO 30 / De 9 a 14h

A partir da novela de Xullo Verne deseñáronse 5 actividades, 1 diferente para cada día, que levarán aos nenos e nenas por distintas partes do mundo a través da realización de coreografías, teatralización, danza, xogos, atrezzo, disfraces e actividades plásticas, sobre lendas, contos e costumes dos 5 continentes. O Nadal converterase en toda unha viaxe lúdica e de aprendizaxe, centrada nas vivencias cos demais  e a partir de distintas actividades de CREATIVIDADE TEATRAL CON TÉCNICAS E MODOS DE EXPRESIÓN ESCÉNICA E ARTÍSTICA DOS CINCO CONTINENTES.

.

módulo III // PLASTIFILM: FACEMOS UNHA CURTA ¿QUÉN É O PROTA?.

Do MARTES 2 ao VENRES 5 / De 9 a 14h

Un obradoiro para que os nenos e nenas aprendan a técnica de animación STOP MOTION, divertida e sinxela, para así introducilos no mundo do cine en xeral. A través da técnica stop motion aprenderán as nocións básicas para lograr movemento. Este é un dos métodos máis sinxelos de aprender xogando, polo que é unha oportunidade única de facer que os nenos se divirtan mentres aprenden e desenvolven a súa imaxinación. Traballaremos con plastilina a técnica de creación do movemento stop motion utilizando cámara fotográfica e montaxe da curta cun sinxelo programa de edición de vídeo.  CREACION E MANIPULACIÓN DE PERSONAXE EN PLASTILINA, CREACIÓN COLECTIVA DE GUIÓN E SET DE RODAXE. MONTAXE E EDICIÓN DA CURTA. PROXECCIÓN DA CURTA.

.
APORTE DE MATRÍCULAS.
(reducción do 10% si te apuntas a dous e 20% si te apuntas aos tres módulos)
módulo I : 36€
modulo II: 90€
modulo III: 72€

Consultas  chamando ao 606971859 o no mail espacio.olalab@gmail.com
Prazas limitadas!!!! Reserva a túa

actividades nenos

PROPOSTA A CARGO DE HELGA MÉNDEZ

Directora de MAQUINARIAS TEATRO desenrola distintas facetas do seu traballo (actriz, directora, docente, vocalista…) cara ao xogo: a xogar coas palabras e coas imaxes,  a xogar co corpo e a voz, a xogar a ser outras…

Actualmente:

Dirixe os grupos de teatro amador para adultos O Maxolo e Bartoleta Teatro

Traballa como actriz nas compañías profesionais Maquinarias Teatro e Vilano Produccións.

Docente e coordinadora  de actividades para nenos e nenas con Maquinarias Teatro para a Xunta de Galicia, e outras entidades.

Forma parte do PROXECTO GULUBÚ, concerto acústico para nen@s.