loader gif

INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA ARTÍSTICA

Fotografía Olalab

INICIACION Á FOTOGRAFÍA ARTÍSTICA

Imparte AGOSTIÑO IGLESIAS OTERO

.

CONCEPTO:
A idea matriz deste curso é achegar a séptima arte a todas aquelas persoas que o desexen. O feito de poder usar a cámara no modo Manual no canto
do Automático e aproveitar así todos os recursos de cantos dispón, conleva unha sorprendente mellora nas imaxes e no disfrute á hora de fotografiar.

Este curso está dirixido a todas aquelas persoas que con nocións moi básicas sobre fotografía, ou mesmo sen elas, desexan non só sacar partido á súa cámara réflex senón tamén desenrolar un medio de expresión íntimo e universal ao mesmo tempo.
Asimesmo, poderán aproveitalo tamén aqueles integrantes que, aínda coñecendo o funcionamento, desexen adquirir destreza no manexo dos seus equipos e facerse coñecedores dos distintos recursos formais que a fotografía nos brinda.

A QUEN VAI DIRIXIDO:
A quen dispoña ou poida dispor dunha cámara reflex dixital ou con controles manuais e que teña interese en sacarlle todo o proveito, sen importar idade nin nivel de coñecementos previos.
Asimesmo, eu dispoño de dúas cámaras que podería facilitar durante as horas lectivas.

.

TEMARIO A DESENROLAR:

1. FOTOGRAFÍA: ESCRIBIR CON LUZ

– Orixen e historia da foto. Algúns dos mellores de todos os tempos

– Qué é e cómo funciona unha cámara réflex

– Sensor/Película

– Primeiro seteado das nosas cámaras

  1. FUNCIONAMENTO DA NOSA CÁMARA

– Velocidade, diafragma e ISO. Lei de reciprocidade

– Control da Exposición. Manexo do histograma

– Distintos modos de funcionamento (Av, Tv, P, M…)

– As distancias focais e os seus efectos en función das lentes

  1. DIAFRAGMA

– Profundidade de Campo (DoF)

– Enfoque selectivo

– Hiperfocal

– Variación da DoF segundo cada lente

  1. VELOCIDADE DE OBTURACIÓN

– Tipos de movemento en función do fotógrafo, a cámara ou o suxeito

– Velocidades altas, baixas e os seus efectos. Ultrarápidas e longas exposicións

– Movementos de cámara: trepidación voluntaria, barrido e zooming

– Uso do enfoque en movemento (AL FOCUS e AL SERVO)

TEMARIO A DESENROLAR

  1. ISO

– Ruido. Cando se forma e cómo evitalo

– Uso do ruído como recurso estilístico

  1. ENCADRE

– Reglas básicas de composición

– Puntos de vista e ángulos de toma

– Recursos formales (figura-fondo, liñas direccionais, repeticións..)

– Serie de Fibonacci e importancia do 3

  1. LUZ

– Luces e sombras

– Tipos de luz e formas de aproveitala

– Distintos tipos de medición

– Situacións especiais (contraluz, foto nocturna, medición puntual…)

– Temperatura de cor. Emocións asignadas

  1. FLASH

– Tipos de flash

– Modos

– Posibilidades que ofrece

– Influencia do ISO e o diafragma. Velocidade de sincronización.

Todos estes apartados corresponden á parte teórica do curso e serán impartidos na aula, sempre co apoio de medios audiovisuais como ilustracións, fotografías e vídeos previamente seleccionados.
Asimesmo, plantearanse exercicios semanais que versen sobre o explicado na última clase e que permitan afianzar os coñecementos, conseguindo así un maior e máis homoxéneo avance no grupo.
Para completar esta parte práctica e resolver dudas in situ, unha tarde de cada mes (a datar entre o alumnado), faremos unha clase no exterior que consistirá no desenrolo de todas as ferramentas aprendidas ate o momento.

 

DURACIÓN E DESENROLO DO CURSO:
O curso prolongarase durante os meses de outubro e novembro:
+ 2 horas semanais XOVES de 20:00h a 22:00h
+ 1 tarde por mes, práctica-resumo da materia impartida nas 4 clases anteriores.
Igualmente, nestas dúas horas, hai unha parte teórica e outra práctica. Asimesmo, propóñense exercicios dunha semán prá outra, de cara a afianzar contidos.
Ao rematar o curso, organizarase un concurso entre o alumnado, con entrega de premios e/ou exposición dunha preselección das imaxes presentadas.

COTA E NÚMERO MÍNIMO-MÁXIMO DE ALUMNOS:
O aporte será de 50 € mensuales; para a consecución do curso requírese un mínimo de 5 alumnos e un máximo de 15. No caso de alcanzarse este límite, faríamos un segundo turno. A idea é ofrecer unha atención achegada ao alumnado.

DATAS: Todois os Xoves do mes de Outubro e Novembro.

HORARIO: de 20:00h a  22:00h

[INSCRIPCIÓN:  O curso desenvolverase no espazo de acción cultural Olalab: Acción Cultural (C/Porta dá Pena 10, 15704 Santiago de Compostela). A inscripción para o curso debe facerse previamente enviando un mail cos teus datos persoais (1. nome completo, 2. DNI, 3. Profesión, 4.Teléfono de contacto) ao correo espacio.olalab@gmail.com, / con asunto: FOTOGRAFÍA ARTÍSTICA

AGOSTIÑO IGLESIAS OTERO

Nacín en Lousame en xaneiro do 1984. Estudei fotografía artística na EASD Antonio Faílde, en Ourense. Este mesmo curso impartino en General Villegas (Arxentina) cun gran éxito; tivemos que facer 3 edicións.

Formación integral / FCT FOTOGRAFIA. Fotoperiodismo  con Miguel Riopa (Axencia de noticias France Press). PROXECTO/FREELANCE AnimaNaturalis / Fotografía de moda / Reportaxe social. FLASHPOINT/ Fotografía de moda / Reportaxe social / Formentera. FOTOPERIODISMO/ Greenpeace

Pódese ver parte do meu traballo en:
+ www.instagram.com/agostime
+ www.facebook.com/fotoagostinho