loader gif

ATOPA TÚA VOZ /// Curso de CREATIVIDADE TEATRAL, ACCIÓN ARTÍSTICA e PERFORMANCE para MULLERES

oLALAB

ATOPA TÚA VOZ

CURSO DE CREATIVIDADE TEATRAL,

ACCIÓN ARTÍSTICA  E PERFORMANCE PARA MULLERES

“Canto máis se crea, menos se destrúe.  Por iso a cantidade de traballo creador diminúe a cantidade de destrucción. Se ti, coa túa arte, que é creación, cautivaches a unhas cantas persoas, estas empezarán a levantar o mundo en lugar de afundilo. A cantidade de xente cautivada é a forza positiva que aporta a creación.”  (Slava Polunin, Clown)

“…A práctica teatral feminista pode axudar ás mulleres a “ver” as súas vidas de forma política: a aumentar a conciencia de opresión e potenciar a creatividade das mulleres.”  (Elaine Aston, Profesora de Creación Teatral Contemporánea e Investigadora en estudos teatrais e feministas)

“…O teatro contracultural feminista buscaba re-presentar ás mulleres como suxeitos de propio dereito: pretendía trasladar asuntos de mulleres, experiencias e historias ao centro da escena. As mulleres desexaban ser vistas como “mulleres” e non como representación dun imaxinario masculino.”  (Elaine Aston, Profesora de Creación Teatral Contemporánea e Investigadora en estudos teatrais e feministas)

“O teatro que se elabora por creación colectiva é unha reflexión contempor´nea da cultura e a sociedade… Trátase da relación dun grupo de xente coa súa cultura, o clima sociopolítico, artístico e económico, así como con temas ou eventos que os rodean…. A elección, a oportunidade e as moitas posibilidades diferencian o teatro de creación colectiva da produción teatral convencional.” (Alison Oddey)

“A performance é un acto vivo, feito por un ser vivo, diante de persoas vivas.” (Jochen Gerz, Artista Performance)

A  historia da Performance Art empeza a principios do século XX, coas accións en vivo de artistas de movementos vangardistas.

  • A arte da Performance é aquela na que o traballo constitúenno accións dun individuo ou un grupo, nun lugar determinado e durante un tempo concreto.
  • A Performance ou acción artística pode ocorrer en calquera lugar, iniciarse en calquera momento e pode ter calquera duración.
  • Unha acción artística é calquera situación que involucre catro elementos básicos: tempo, espazo, o corpo da artista e unha relación entre esta e o público.
  • A Performance ten parentescos coa acción poética, a intermedia, a poesía visual e outras expresións da arte contemporánea.


Obxectivos

  • Introducir á alumna en formas de expresión artística e escénica non tradicionais: creación colectiva, acción artística e performance.
  • Estimular a creatividade oral, escrita, plástica e corporal.
  • Redescubrir e recoñecer o corpo feminino como ferramenta de comunicación e expresión propia.
  • Crear un espazo de interrelación feito por e para mulleres.
  • Reflexionar sobre o feminino e a cuestión de xénero.

                                                                              

 Metodoloxía

  • Xogos e exercicios de estimulación, exploración e percepción sensorial, corporal, escénica e artística centrados no feminino.
  • Tormenta de ideas.
  • Creación colectiva, acción artística e performance.
  • Reflexión colectiva
  • Selección de idea a transmitir
  • Posibilidades de expresión da idea
  • Técnicas artísticas a utilizar para expresala
  • Experimentación, ensaio e fixación de propostas
  • Presentación da creación colectiva
  • Acción artística ou performance ante público.

 

 

[Actividade porposta en tres módulos de acción independetes ou conxuntos]

MÓDULO 1: ATOPA O TEU CORPO       [11 e 12 de Novembro]

  • Breve introdución ás técnicas de creación colectiva, acción artística e performance como ferramentas para reflexionar sobre o feminino.
  • Reflexións sobre a cuestión do corpo feminino.
  • Xogos e exercicios de integración.
  • Xogos e exercicios de estimulación, exploración e percepción sensorial, corporal, escénica e artística.
  • Creación colectiva de acción artística para o Día Mundial contra a Violencia de Xénero (novembro).

 

 

MÓDULO 2: ATOPA O TEU XÉNERO         [25 e 26 de Novembro]

  • Reflexións sobre a cuestión de xénero.
  • Xogos e exercicios de exploración, percepción e reflexión sobre a cuestión de xénero.
  • Creación colectiva de acción artística sobre a cuestión de xénero.

 

 

MÓDULO 3: ATOPA TÚA VOZ        [9 e 10 de Decembro]

  • Rompendo estereotipos:
  • Lecturas, reflexións, xogos e exercicios centrados en biografías de mulleres, como forma de construír a nosa identidade social e cultural.
  • Escrita, reflexións, xogos e exercicios centrados en aspectos autobiográficos das alumnas, como forma de descubrir, definir e construír feminismo.
  • Creación colectiva de performance (mostra final maio). Proposta temática: NAIS E FILLAS.

 

 

NIVEL: Todos os nivéis, mulleres que queran experimentar coa súa expresividade, persoas vinculadas a educación, a arte, as artes escénicas, etc.
DATAS: 11 e 12 de Novembro / 25 e 26 de Novembro / 9 e 10 de Decembro.

HORARIO: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h
Nº ALUMNOS: Máximo de 10 persoas.

[INSCRIPCIÓN E MATRÍCULA] O curso desenvolverase no espazo de acción cultural Olalab: Acción Cultural (C/Porta dá Pena 10, 15704 Santiago de Compostela). A inscripción para o curso debe facerse previamente enviando un mail cos teus datos persoais (1. nome completo, 2. DNI, 3. Profesión, 4.Teléfono de contacto) ao correo espacio.olalab@gmail.com, / con asunto: ATOPA A TÚA VOZ

[MATRÍCULA] MATRÍCULA:  100€ por MONOGRÁFICO. [ A realización de dous monográficos leva un 10% desconto // Os tres monográficos un 15% desconto.] (SAE A HORA A 6€)

A reserva de matrícula realizarase mediante pago directo en OLALAB ou mediante transferencia bancaria.

 

Curso impartido por:

HELGA MÉNDEZ GARCÍA

FORMACIÓN:

Licenciatura Humanidades, Universidade A Coruña

Drmaturxia do Espazo Actoral, Adolfo Simón, Festival Artes Escénicas Fóra do Mapa, Concello Ferrol.

Monográfico de Creación Escénica “Obsolescencia Programada”, Santiago Cortegoso e Marián Bañobre (Ibuprofeno Teatro), Festival Artes Escénicas Fóra do Mapa, Concello Ferrol.

Interpretación a cámara, Miguel Lago, Ateneo Ferrolán.

Zapateado Americano

Danzas Hawaianas

Biodanza

Juego Dramático

Teatro e  Natureza

Iluminación Escénica, Lúa Testa, A.C. Estudio de Teatro N+1, Ferrol

Interpretación Teatral “O cuerpo, un manantial (Avanzado)”,  Adelaida Pittaluga, A. C. Estudio de Teatro N+1.

Interpretación Teatral “O cuerpo, un manantial (Iniciación)”, Adelaida Pittaluga, A. C. Virus Hermenéutico, Universidade da Coruña.

Danza Contemporánea, Centro Coreográfico Galego.

”O espacio, a súa convención e a improvisación”, Benito Cañada, Padroado da Música e das Artes Escénicas, Concello Ferrol.

 Iniciación á  Dirección Escénica, Mª Jesús Guillén, Padroado da Música e das Artes Escénicas, Concello Ferrol.

“Fundamentos do actor”, Smérita Ramírez, Padroado da Música e das Artes Escénicas, Concello Ferrol.

“Proceso de Creación dun Espectáculo”, Sarabela Teatro, Padroado da Música e das Artes Escénicas, Concello Ferrol.

 “A arte de non actuar”, Manuel Lourenzo e Santiago Fernández, Universidade da Coruña.

Obradoiro de Teatro, Smérita Ramírez, Ateneo Ferrolán.

 Interpretación Teatral, Mª Jesús Guillén.

Curso de Voz y Expresión Corporal, Andrés Pazos.

Curso de Perfeccionamiento de Voz e Expresión Corporal, Mª Jesús Guillén.

Voz e Expresión Corporal, Eva Campo, I.E.S. Sofía Casanova.

DOCENTE:

Teatro para Adultos, Bartoleta Teatro.

Teatro para Adultos A.C. O Maxolo Teatro.

Microteatro, Andaravía.

Dramatización para Mulleres “Xogando a ser outras”, Casa da Muller, Concello Ferrol.

Interpretación, Universidade da Coruña, Campus Ferrol.

Técnicas Vocais, Universidade da Coruña, Campus Ferrol.

DIRECTORA DE TEATRO:

Dirección de montaxes teatrais  de grupos de todas as idades na comarca de Ferrolterra: Concellos de Mugardos, Ares e Ferrol; A.C. O Maxolo (Covas, Ferrol); Maquinarias Teatro; Teatro Patán; Bartoleta Teatro e Farfanía Teatro (A.VV. Ensanche A); A.VV A Cabana; A. C. Estudio de Teatro N+1; Colexio Cristo Rey; CEIP Jorge Juan (Fene); A. C. Mestura (Meirás); Asociación Comerciantes Ferrol (ACOF), entre outros.

ACTRIZ:

Ela e Dylan: As flores solitarias. (A muller nos textos e cancións de Bob Dylan). Performance poético-musical, Maquinarias Teatro e Roger de Flor.

Atrapadas, microteatro,  peza de microteatro sobre mulleres refuxiadas no Pireo, de Helga Méndez, Maquinarias teatro.

A actriz que cría ser unha cadeira de deseño, microteatro, de Carlos Castrillón y Helga Méndez, Maquinarias Teatro.

Arrabal en guerra, textos de Fernando Arrabal. Dirección: Helga Méndez. Bartoleta Teatro.

Nata agria, de Carlos Castrillón. Microteatro. Maquinarias Teatro. Dirección: Blanca Cendán

Tic Tac, peza de microteatro de Carlos Castrillón e Helga Méndez. Dirección: Sabela Amado Rojo. Maquinarias Teatro

Yerma, de García Lorca. Dirección: Helga Méndez. Bartoleta Teatro

Mackie, o Navallas, de Vidal Bolaño. Dirección: Helga Méndez. Bartoleta Teatro

Actriz en distintas formacións de Ferrol e provincia de A Coruña: Vilano Produccións, Els Comediants, Maquinarias Teatro, Teatro Patán, Estudio de Teatro N+1, Bartoleta Teatro, Títeres Falcatrúa, Abofé Teatro (Universidade da Coruña), Obradoiro de Teatro Municipal  Concello Narón, Obradoiro de Teatro Municipal Concello Ferrol, Carpe Diem Teatro

 

Encamiño as distintas facetas do meu traballo (actriz, directora, docente, vocalista…) cara ao xogo: a xogar coas palabras e coas imaxes,  a xogar co corpo e a voz, a xogar a ser outras…

Helga Méndez García