loader gif

TALLER PARA APRENDER A FALAR EN PÚBLICO

OLALAB

TALLER PARA APRENDER A FALAR EN PÚBLICO

IMPARTIDO POR: MARÍA XOSÉ PORTEIRO E LLERENA PEROZO
Este curso impártese dende 2001. Foi celebrado en moitos puntos da xeografía española, tanto para grupos privados como a petición de entidades sociais e da propia administración.
En Vigo as últimas edicións tiveron lugar a demanda da Concellería de Igualdade, na Casa das Mulleres, nas primaveras e outonos de 2014 e 2015.
CONTIDOS
Trátase dun curso específico para aprender a falar en público, procurando a mellora da comunicación presencial diante do público, para o cal se traballará cos seguintes obxectivos concretos:
o Xestionar e superar o medo
o Análise das propias aptitudes
o Procura das habilidades precisas
o Manexo axeitado da escoita
o Fundamentos da comunicación non verbal
o Como construír un discurso
o Conectar coa audiencia
o Técnicas de comunicación e manexo dos recursos tecnolóxicos (megafonía, radio, audiovisual…)
o Apórtase bibliografía, documentación e materiais para traballar na clase.
METODOLOXÍA
Este curso emprega unha técnica baseada na estratexia condutual cunha fórmula creada ex profeso, testada e contrastada positivamente, que combina coñecementos teóricos e moita aprendizaxe práctica.
DIRIXIDO A:
o Público xeral e heteroxéneo
o Alumnado interesado na perspectiva de xénero.
o Adaptado as necesidades específicas de públicos determinados: Docencia, artes escénicas, liderado (político, sindical, social, veciñal, empresarial), atención ao público, formación e/ou reciclaxe para a procura de emprego e promoción, migrantes, etc.

NIVEL: Todos os niveis.
DATAS: SÁBADO 11 DE FEBREIRO
Nº ALUMNOS: Mínino 5 persoas, máximo de 10 persoas.
HORARIO: DE 10.00H A 14.00H DE 16.00H A 20.00H

[INSCRIPCIÓN E MATRÍCULA] O curso desenvolverase no espazo de acción cultural Olalab: Acción Cultural (C/Porta dá Pena 10, 15704 Santiago de Compostela). A inscripción para o curso debe facerse previamente enviando un mail cos teus datos persoais (1. nome completo, 2. DNI, 3. Profesión, 4.Teléfono de contacto) ao correo espacio.olalab@gmail.com, / con asunto: FALAR EN PÚBLICO

[MATRÍCULA]

Aportación por persoa, 70€ (taller de 8 horas)

A reserva de matrícula realizarase mediante pago directo en OLALAB ou mediante transferencia bancaria.

IMPARTIDO POR: MARÍA XOSÉ PORTEIRO E LLERENA PEROZO
María Xosé é a creadora do curso. Escritora. Xornalista. Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, traballou en prensa, radio, comunicación corporativa e participou en diferentes períodos na política municipal, autonómica, estatal e europea. Pertence ao Plenario do Consello da Cultura Galega e ao Consello Reitor do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). Ten numerosas publicacións que abranguen ensaio, narrativa e biografía, entre elas unha publicación especializada na materia do curso: “Vine, vi y …hablé! Las mujeres frente al discurso público, editada por Auga Ed. en 2012.
Llerena é experta en comunicación, dirixe a produción da editorial Auga en Santiago de Compostela. Como monitora deste curso teno impartido en solitario en dúas edicións anuais na Librería de Mulleres Lila de Lilith, na Casa das Mulleres de Vigo, e a máis de trinta entidades e grupos do sector empresarial, político e asociacionismo. Imparte tamén conferencias sobre este tema con asiduidade.