loader gif

Aberta Inscrición!! Curso regular de ACTING PROFESIONAL

presentacion1

ACTING PROFESIONAL

DE QUE FALAMOS? Trátase de formación continuada de interpretación de nivel avanzado. Xa o fas moi ben, de feito traballas disto ou esperas poder facelo, pero queres       chegar máis aló. Queres probar a face-las cousas doutra maneira ou apetéceche     ter un adestramento regular esixente e profesional.

Estamos a falar, en todo caso, de interpretación textual realista, tanto pra o audiovisual como pra a escena. Pero non nos centraremos na ‘técnica’ de interpretación pra cámara ou escena, senón na calidade da túa actuación.

DOCENTE: Fran Peleteiro, actor. Licenciado en Arte Dramática -Interpretación Textual-. Videobook Fran Peleteiro

“Aprendín de boas mestras e mestres, moito das táboas, e sobre todo dxs compañeirxs coas que tiven a sorte de traballar. Ó ser actor, sei polo que estás pasando en cada momento, os problemas que  podes ter e posibles solucións. Levo impartindo clases de tódolos niveis dende o 2002, así que teño experiencia docente, por veces máis importante que calquera outra cousa.”

DIRIXIDO A:

A profesionais da interpretación, tituladxs ou estudantes de Arte Dramática. Dado que o grupo é reducido  pra un mellor aproveitamento e pra adecuar os niveis, haberá unha selección mediante material gravado e/ou currículo.

CONTIDOS:

Imos partir do que xa sabes. Non vas ter que pasar de novo por lugares que xa       pasaches, ou aprender cousas que xa dominas. É unha formación moi      individualizada, en base ós traballos que xa fixeches e cara onde queres ir, con compañeirxs que te farán avanzar.

Pero vas ter que traballar. Aprender textos, secuencias, e ‘levar os deberes feitos’       cada semana. Prepararemos fondamente cando menos un monólogo escénico,      outro audiovisual, unha escena e unha secuencia longa pra dous.

 Simultaneamente abordaremos cuestións como onde poñemos a nosa   concentración na interpretación; como xestionamos o contexto de traballo; como    superar circunstancias adversas nunha rodaxe; como prepararse pra realizar unha   boa función de teatro; a non automatizar a nosa interpretación; como realizamos a       preparación dunha personaxe, etc…

Poremos especial atención en combater os teus vicios adquiridos e os   automatismos. Non nos conformaremos cunha actuación correcta ou incluso boa, senón procurando unha interpretación que transcenda, a nivel profesional, lonxe de psicoloxismos.

En ocasións poden visitarnos persoas alleas ó grupo (directorxs, realizadorxs, estudantes de cine,…) que nos axude a poñernos nunha situación real de traballo.

NIVEL: Profesionais da interpretación, tituladxs ou estudantes de Arte Dramática.
DATAS: FEBREIRO – XUÑO 2017. Todos os mércores.
Nº ALUMNOS: Máximo de 8 persoas.
HORARIO: de 20:00h a 22:00h

[INSCRIPCIÓN E MATRÍCULA] O curso desenvolverase no espazo de acción cultural Olalab: Acción Cultural (C/Porta dá Pena 10, 15704 Santiago de Compostela). A inscripción para o curso debe facerse previamente enviando un mail cos teus datos persoais (1. nome completo, 2. DNI, 3. Profesión, 4.Teléfono de contacto) ao correo espacio.olalab@gmail.com, / con asunto: Acting Profesional

[MATRÍCULA]
Curso COMPLETO de Febreiro a Xuño: 240€ (abono completo). ( hora/clase a 6€)

Posibilidade de facer MATRÍCULA MENSUAL: 54€ (6,75 euros/hora de clase)
A reserva de matrícula realizarase mediante pago directo en OLALAB ou mediante transferencia bancaria.