loader gif

ACTIVIDADE NADAL para nenxs: TEATRO MUSICAL

cartaz-teatro-musical-2016

TEATRO MUSICAL NADAL 2016
En OLALAB Acción Cultural

“ven a divertirte este Nadal en Olalab coas cancións e bailes dos teus musicáis favoritos”

Os profesores Blanca Cendán e Suso Alonso propoñen un Obradoiro de Teatro Musical no Espazo de arte e acción cultural OLALAB no que converxan as disciplinas do Teatro e da Música.

Acercarémonos ó teatro e a música a través da improvisación, do Clown, da lectura dramatizada e a análise dos personaxes. O traballo da canción a nivel individual e coral dende a entonación, respiración e a súa métrica e estructura. Traballando cos musicales:  “O rey León” “Frozen” e “O libro da Selva”

Nenos e nenas de 4 a 12 anos

Os días 22, 23, 26, 27, 28, 29, 30 de decembro /// e 2, 3, 4, 5 de xaneiro .

Horarios:
10:00-10:30. Recepción dos nenos cos pais. Xogos variados.
10:30-11:30. Traballo de movemento escénico e técnica vocal.
11:30-12:00. Recreo e merenda.
12:00-13:00. Traballo de mesa, debuxo do personaxe e esbozo de guión adaptado do musical elexido.
13:00-13:30. Creación da personaxe a través da improvisación con acompañamento musical. Posta en escea, coreografías e MONTAXE DO NÚMERO MUSICAL.
13:30-14:00. Despedida e recollida dos nenos polos pais. O ultimo día de cada modulo se fará una posta en escea como mostra do traballo para os pais e nais.

O curso desenvolverase no espazo de acción cultural Olalab: Acción Cultural (C/Porta dá Pena 10, 15704 Santiago de Compostela)

Matrícula con desconto por irmáns do 10%

Módulo de Decembro 115€  (a proposta tería un custe de 4€hora cos materiais e a merenda incluída)

Módulo de Xaneiro 65€ (a proposta tería un custe de 4€hora cos materiais e a merenda incluída)

Días soltos 18€

Máis info e reserva de prazas en espacio.olalab@gmail.com
606971859
www.olalab.net

Blanca Cendán foi Directora do Centro Dramático Galego e é unha actriz recoñecida do panorama teatral e audiovisual galego. No seu haber ten dúas nominacións ós Premios María Casares e ten traballado en series coma Valderrei, Padre Casares, Hospital Real e EL Super a nivel nacional. Estivo en Berlín e coñeceu a Hannes Stöhr, director de cine de renome internacional, co que fixo curtas para a Escola de Cine de Berlín e unha longametraxe de sona internacional “One day in Europe“. Ten traballado tamén con directores coma Alfonso Zarauza, Alex Sampayo ou Jorge Cassinello. Actriz que coñece moi ben o cabaré e o teatro musical dende a súa estadía no grupo Chévere (premio Nacional de Teatro 2014) e a creación do seu espectáculo Lilí Berlín. Leva 27 anos na escena.

Suso Alonso realizóu estudios de Piano e Violoncello en Vigo e Santiago, obtendo o título superior de Piano asistido por Martín Millán. Compaxina a docencia con actividades musicáis que van dende a interpretación en recitáis pianísticos, sinfónicos ou de cámara, a elaboración de concertos didácticos, a composición e interpretación de música destinada o teatro (Grupo Chévere, Centro Dramático Galego…) ou o audiovisual, así como a formación en diversos grupos de música pop-rock como “A Psicofónica de Conxo”, “Di Elas” (grupo onde canta Luis Tosar) ou “Os da Ría”. Coa actriz Blanca Cendán leva estreados tres espectáculos: “Lili Berlín”, “Mornings” e “Muller Cine”. Obtivo o María Casares a mellor música orixinal do 2009 polo espectáculo “Obra” da compañía Excéntricas.