loader gif

próximamente!!!! taller/laboratorio: Creación de Obxectos Sonoros e Exploración Aural

carlos-suarez-sonoros

Creación de OBXECTOS SONOROS e Exploración Aural

en breve datas e toda a info 😉 pero si estás interesado escríbenos a espacio.olalab@gmail.com

DOCENTE: Carlos Suárez (Compositor, músico, constructor de instrumentos e obxectos sonoros)

PRESENTACIÓN:

“””Hoxe en día, a arte musical crece e vólvese cada vez máis complicado, buscando combinacións de sons
mais disonantes, mais estrañas, e mais rudas para o oído. É dicir, que esta arte achégase cada vez
máis ao son do ruído.””” Luigi Russolo

Neste taller/laboratorio  esencialmente práctico búscase unha reapropiación de sons escondidos, daqueles sons conservados nos espazos máis improbables da nosa vida. Neste taller serán transformados materiais naturais e obxectos comúns da vida cotiá, para crear instrumentos que poidan producir universos sonoros únicos e orixinais, sen descartar as posibilidades da electrónica (amplificadores, circuítos sinxelos e micrófonos de contacto) e a electromecánica. (Motores, altofalantes, etc). Por último faremos exercicios de escoita profunda e improvisación.
Mais info: http://algalab.weebly.com/creacioacuten-de-obxectos-sonoros.html

DIRIXIDO A:
Creativos de calquera rama relacionada co son,  e público en xeral que queiran ter unha experiencia con materiáis sonoros  e coñecer de cerca o traballo do artista. Interesados na investigación sonora e improvisación musical, profesionais ou non.

PROGRAMA:

1-Introdución.
2-Demostración de diversos instrumentos, videos e imaxes.
3-Construción de micrófonos de contacto e cables de conexión.
4-Experimentación sonora con materiais e micrófonos de contacto.
5-Recoller obxectos, recoñecer materiais, comprender as caixas acústicas.
6-Instrumentos preparados: Novos sons para instrumentos antigos. Electromecánica; motores, vibración, autómatas sonoros.
7-Altofalante preparado: Facendo música con retroacción. Exercicios de escoita profunda.
8-Exploración sonora dos instrumentos creados e improvisación.
…………

NIVEL: todos os nivéis.
DATAS: aínda sin pechar)))
Nº ALUMNOS: Mínimo de 7 e máximo de 12 alumnos.
HORARIO: aínda sin pechar)))

[INSCRIPCIÓN E MATRÍCULA] O curso desenvolverase no espazo de acción cultural Olalab: Acción Cultural (C/Porta dá Pena 10, 15704 Santiago de Compostela). A inscripción para o curso debe facerse previamente enviando un mail cos teus datos persoais (1. nome completo, 2. DNI, 3. Profesión, 4.Teléfono de contacto) ao correo espacio.olalab@gmail.com, / con asunto: Obxectos Sonoros

[MATRÍCULA]
45€
*O prezo da matrícula inclúe os materiais do curso.
A reserva de matricúla realizarase mediante pago directo en OLALAB ou mediante transferencia bancaria.
MATERIAL:
A cada alumno ofreceráselle todo o material e elementos necesarios para o desenvolvemento das técnicas que se poñerán en práctica durante o curso.