loader gif

ARTE E Verán!!! debuxo, cómic, pintura, ilustración, figuríns, técnicas artísticas… TI Podes!

verán e arte 2Novas propostas para o verán!!! ATRÉVETE!!!
TEMPORADA VERÁN 2016
ITINERARIO DE
Cursos/ Monográficos / Talleres Intensivos
Imparte Ana Costas.

 

]]]]]]]]]]] DEBUXO E PINTURA (TÉCNICAS BÁSICAS)
Un curso para aprender e coñecer as técnicas do debuxo e a pintura. Non é necesario ter coñecementos previos de ningunha disciplina artística nin saber debuxar, pero se xa tes experiencia é posible que descubras novos procedementos artísticos para aplicar nos teus futuros cadros

Dirixido a adultos e mozos a partir de 16 anos
Material incluído no curso

Elixe a data e o horario que mellor che conveña:
Sábado 2 e Domingo 3 de xullo de 11h a 14h e de 16h a 19h
Do luns 4 ao mércores 6 de xullo de 10h a 14h
Do luns 4 ao mércores 6 de xullo de 16h a 20h
Do luns 11 ao xoves 14 de xullo de 11h a 14h
Do luns 11 ao xoves 14 de xullo de 16h a 19h

]]]]]]]]]]] PINTURA CREATIVA E TÉCNICAS APLICADAS

Un curso para o descubrimento e goce do teu propio proceso creativo. Coñecerás técnicas e procedementos pictóricos que poderás aplicar e desenvolver posteriormente nas túas futuras creacións. Unha aprendizaxe lúdica e moi gratificante

Dirixido a adultos e mozos a partir de 16 anos.
Material incluído no curso

Elixe a data e o horario que mellor che conveña:
De luns 18 a xoves 21 de xullo de 11h a 14h
De luns 18 a xoves 21 de xullo de 16h a 19h

]]]]]]]]]]]] DESEÑO CLÁSICO DE CÓMIC E ILUSTRACIÓN

Curso de iniciación ao debuxo a través do cómic e a ilustración. Dirixido a mozos que desexen coñecer as técnicas destas disciplinas artísticas e a súa posterior aplicación. Unha aprendizaxe necesaria para un futuro enfoque profesional.

Dirixido a mozos a partir de 14 anos en diante
Material incluído no curso.

Elixe a data e o horario que mellor che conveña:
Do luns 25 ao xoves 28 de xullo de 11h a 14h
Do luns 25 ao xoves 28 de xullo de 16h a 20h

]]]]]]]]]] DESEÑO de FIGURINS DE MODA E ESPECTÁCULO

Un curso enfocado ao desenvolvemento dunha profesión chea de creatividade na que se requiren coñecementos de debuxo enfocados ao deseño de figurines e vestiario e a aprendizaxe das técnicas artísticas necesarias para a súa aplicación no campo do deseño de moda e o espectáculo en cinema e teatro.

Dirixido a mozos e adultos.
Material incluído no curso
Sábado 23 e domingo 24 xullo de 11h a 14h e de 16h a 19h

Todos os nivéis, horario de mañán ou tarde.
Se queres dibuxar, pintar, ACTIVAR A TÚA CREATIVIDADE pregunta 😉
máis info en espacio.olalab@gmail.com
www.olalab.net