loader gif

Teatro ADULTOS

olalab teatro do miolo olalab teatro do miolo12072015-DSC_0163 (Large)

PROGRAMA CURSO DE INTERPRETACIÓN para adultos.

Jueves de 11:30h a 13:30h

Miércoles/Jueves de 20:00h a 22:00h

Cuota mensual 40€

A cargo de Teatro do Miolo Produccións
Iniciación á relaxación e control do corpo, e o aparato fonador. ¿Por qué necesitamos relaxarnos?
Faremos unha introspección sobre os nosos corpos a través de exercicios que axuden a relaxar o actor e lle faciliten o feito de expresar sen tensión, tendo consciencia da súa realidade física.
Desbloqueo físico e psíquico
“O actor necesita ser consciente da súa realidade comunicativa”.

Comezamos a rachar co bloqueo físico que producen os descoñecidos mediante exercicios.
A memorización das primeiras cousas.
Xogos que exerciten a creatividade e a adaptación entre os alumnos, (textual e física).
Movementos en grupo (adaptación os demais e o espazo)
A funcionalidade das diferentes partes do corpo e a propia creatividade corporal.
Exercicios para exercitala capacidade de atención, concentración e intelixencia espacial.
Xogo teatral: Xogo dramático
O xogo teatral é a posibilidade de representación lúdica grupal, de expresión e estímulo da imaxinación a través de consignas que axudan a creación de escenas
Dramatización: elementos desencadeantes
¿Que é a dramatización? Canles para chegar a ela e que a desencadea.
Elementos do esquema dramático. Proceso e propostas da dramatización.
Construción do personaxe
Antecedentes e circunstancias do personaxe: Feitos e verdades artísticas “as actuables”. ¿Quen son?, ¿que quero?, ¿que sinto?, motivacións.
Improvisacións: O conflito
É o traballo previo ó traballo textual, onde o actor se organiza a través duns obxectivos predeterminados, dunha forma ou estilo e dun ánimo ou emoción; piares para a creación dunha “realidade interpretativa”.
Aparición do conflito de intereses, a constatación práctica dunha organización previa.
Chega o primeiro monólogo e a primeira escena Son os contactos iniciais co texto, o actor presenta un monólogo escrito por si mesmo, ó que lle facilitará a comprensión, análise e a memorización do mesmo, o texto traballarase primeiramente a nivel teatral para logo axustalo ó “realismo da cámara”.
Finalmente chegamos a primeira escena “dual”, os actores traballan xa con un texto alleo a si mesmos: “É o momento de pensar na construción do personaxe”.
Improvisacións Este e un exercicio básico que temos que ter presente constantemente na formación do actor. A través de elas, desenrolamos a imaxinación e fixamos os obxectivos de unha escena predeterminada
Monólogos, escenas
E o momento de traballar sobre o texto, descubri-las “verdades actuables” que están no cómo aconteceron e non no que aconteceu.
Situación en tempo e espazo.
Busca do obxectivo dos distintos personaxes.
As interelacións entre os personaxes.
O conflito entre eles.
As accións, que nos axudarán tamén a atopa-la emoción axeitada.
A quén nos diriximos (monólogos)